Sobre Fervello

O BdT Fervello e un Banco de Tempo que nace de forma independente, impulsado pola cidadanía, en Santiago de Compostela e está vencellado ao Comercio Xusto, a Horticultura Urbana, o Consumo Responsable e a persoas do entorno universitario de compostela.

Fervello ten, nestes intres, dúas organizacións “promotoras” que son has encargadas de administrador o banco de tempo, así como de dinamizar as súas actividades. Trátase de Panxea, cooperativa de comercio xusto e consumo responsable, e de Anaco, asociación de promoción de social e traballo colaborativo impulsada por persoal docente da USC. Cada unha destas organizacións aporta 3 administradores ao BdT que conforman o conxunto de administradores do Banco de Tempo.

Panxea
http://www.panxea.org

Ten como sede social o local social de Panxea, cooperativa de comercio xusto. Tanto nel como na sala de xuntas da facultade de económicas da USC realízanse as xuntanzas de coordinación do Banco de Tempo.

Deixar un comentario